“Nós queremos que sigan, pero que sigan dentro da lei”

Nós queremos que sigan, pero que sigan dentro da lei”

Extracto dunha das entrevista que o titular da Presidencia concedeu a diversos medios radiofónicos, e que exemplifica o sentir dos veciños e veciñas.

 

A continuación relación de medios que ofreceron visibilidade as nosas demandas como afectados:

  • Cadena Ser – Radio Lugo

http://cadenaser.com/emisora/2017/11/13/radio_lugo/1510573989_586192.html

  • Radio Voz

Voces da Mariña (luns, 13 de novembro) dende o minuto 49:15 ata o 59:48.

http://www.radiovoz.com/archivo/58/vocesdamarinha/

  • Cope da Costa

http://www.cope.es/emisoras/cope-costa-ribadeo

  • Cronica3

http://www.cronica3.com/2017/11/constitucion-da-asociacion-afectados-polas-louseiras-do-val-do-rio-baos/

  • El Progreso

Versión impresa A Mariña (páx. 5 do domingo, 12 de novembro).

https://www.elprogreso.es/

  • Galicia Confidencial

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/66616-afectados-louseira-mondonedo-denuncian-contaminacion-grave-perigo-accidentes

Informe 15-11-17

A asociación informa ante os organismos pertinentes, Xunta de Galicia e Concello de Mondoñedo, das prácticas ilegais que a empresa está a cometer nos espazos públicos de convivencia:

  1. Que a mercantil Pizarras Veira do Río S.L no traslado de material dende a súa concesión mineira “Ampliación As Revas 5873” ata a concesión mineira “As Revas 5646” (tamén de dita mercantil) está a depositar inxentes cantidades de lama na intersección coa estrada de titularidade municipal denominada Ferreira-Fondo da Vila, e posterior dispersión dela por o seu percorrido.

    Provocando unha situación de perigo tanto para os vehículos que empregan esa vía (entre eles o transporte escolar) como para os viandantes que a empregan.

Inxente cantidade de lama na estrada

Sumado isto a que o transporte realizado por ditos camións da mercantil o están a realizar con cargas sobredimensionadas que exceden os límites legais de carga vertical, traseira e lateral. Ademais de carecer do portón traseiro totalmente necesario para evitar a caída de material na calzada.

Tendo o anterior en conta pódese supoñer que o exceso de carga dos camións é o que está a provocar a aparición na vía de fochancas, pozas e fendas.

Fendas que coa chegada do inverno permitirán o filtrado das augas pluviais danando aínda máis o firme da estrada e acelerando o seu deterioro.

Solicítase:

Se tomen as medidas necesarias para que se corrixa esta situación e se colabore cos organismos pertinentes para que o transporte de material se suxeite a lexislación vixente en materia de tráfico e seguridade viaria.

  1. Que a mercantil Pizarras Veira do Río S.L titular da concesión mineira denominada “Ampliación As Revas 5873”, situada na parroquia de Santa María Maior do Concello de Mondoñedo.

    Novamente efectuou a carga de maquinaria pesada de cadeas no P.K. 23+0610, tramo 2 da LU-122 (na segunda intersección dirección Lourenzá), concretamente de un dumper e unha retroescavadora. Producindo danos no firme do asfalto facilmente visibles.

    Recalcar que con anterioridade se informou de danos no mesmo punto por a mesma mercantil, tendo escrito data do 20 de abril e número de entrada 43577 / RX 1003954.

    Solicítase:

    Se teñan en consideración os danos producidos por a mercantil, e se tomen as medidas oportunas para que esta non siga considerando esas dúas interseccións da estrada como zonas de libre carga e descarga onde os estragos queden impunes.

  1. Que a mercantil Pizarras Veira do Río S.L titular da concesión mineira denominada “Ampliación As Revas 5873” desprazou diversa maquinaria de cadeas, sobrepasada en medidas e peso dende a explotación a través das vías públicas de titularidade municipal denominadas Camiño Real e Os Castros ata a LU-122.

    Dita maquinaria carece de placas de matrícula o que agrava máis a situación delituosa de ditas actuacións da mercantil.

    Mencionar que a vía municipal denominada Camiño Real fora acondicionada fai 2 meses por este Concello, debido a que con anterioridade a mesma mercantil a estragara.

    Con esta actuación a mercantil incumpre de novo cos acordos chegados coa veciñanza, e mediados por a Alcaldesa.

    Solicítase:

    Se teñan en conta os estragos realizados por a mercantil en ditas vías públicas. E se tomen as medidas oportunas debido a que a mercantil incumpre a lexislación sobre tráfico e circulación de vehículos a motor, e atenta contra a seguridade viaria.

Informe 30-10-17

A asociación informa ante o Concello de Mondoñedo das prácticas ilegais que a empresa está a cometer nos espazos públicos de convivencia:

  1. Que no lugar do Lobreo, parroquia de Líndin deste Concello de Mondoñedo nas vías públicas de titularidade municipal e na estrada provincial da Deputación se efectuaron danos no seu firme e nos servizos de recollida de augas e limpeza, nas vías da zona 2, polígono 502, parcela 9001 pertencente á rede viaria entre Lindín e a Beira do Río, e o Lobreo e a Beira do Río. Os feitos foron producidos pola descarga de maquinara de gran tonelaxe, circulación da mesma máquinaria (unha escavadora) e obras de “nivelado” nestas vías por parte de Pizarras Veira do Río S.L. (PIVERI) o 13 e 14 de outubro do 2017. Os danos producidos afectan a beiravía da estrada provincial de Santa María Maior a Lindin no seu firme recentemente aglomerado, e removido dos firmes das vías arando a súa superficie e realizando fochancas, así como a ruptura dunha arqueta de recollida de augas en ámbolos casos. No camiño que se bifurca a Lindín e a Veira do Río debido ao gran tonelaxe e tamén removemento derramouse gran cantidade de aceite hidráulico na bifurcación como resultado da montaxe escavadora o sábado 14 de outubro co perigo que iso entraña para as augas que desembocan no río Baos do que se abastece as poboacións do Concello de Lourenzá a través das distintas fontes que tamén recolle a citada empresa para a súa explotación, así como da servizo aos veciños da Beira do Río a través dunha canalización privada. O camiño que discorre do Lobreo ás Fontes e a Beira do Río foi levantado e arado pola citada máquinaria estando inservible a efectos da súa destrución por parte desta louseira o que significa un perigo dada a escasa amplitude (máximo 2 metros dos 7 contemplados nos planos de concentración parcelaria) así como a altitude de mais de 20 metros de desnivel en caída libre en como o deixou esta empresa sen ningún tipo de valado ou defensa da vía podendo caerse polo desnivel como consecuencia das actividades da louseira; isto supón un grave perigo para os viandantes e a veciñanza, así como a imposibilidade de poder empregalos para o seu servizo e comunicación. O camiños que une a bifurcación de Lindín e o Lobreo coa Beira do Río, o denominado Camiño Real tamén tradicional, foi alterado no seu curso invadido por as entulleiras da citada empresa co conseguinte perigo de caída e desprendemento para a citada vía conforme pode observarse, así como no seu firme sendo elevado desde cerca dun metro ata varios ao longo do seu curso sendo compactado con material residual da propia canteira coñecido pola súa alta toxicidade, nas épocas de riadas rematando no río Baos e no encoro onde se abastece ao Concello de Lourenzá. Ao longo da vía tamén pode observarse material contaminante depositado en ambas partes, invasión do mesmo polas entulleiras realizadas, tapado de cunetas, tubos e drenaxe de auga. Todo isto ven discorrendo nos últimos 15 anos de explotación nos que circularon de maquinaria e camións de gran tonelaxe danando as fincas privadas e invadíndoas do material residual da louseira. Así mesmo descargase a maquinaria na vía pública e na estrada a Santo Tomé esnaquizando o firme e enchéndoo de po e lama que remata no río Baos como ben pode observarse co perigo e dano que iso pode causar así como circular por el cun ancho que impide acceder ás fincas da nosa propiedade así como circular por el; na mesma louseira atrancan continuamente, verten aceite e gasóleo e impiden de forma continuada o seu paso servindo de carga así mesmo.

  1. Que a vía pública de titularidade municipal da zona 2 do polígono 502, Parcela 9004 como resultado da concentración parcelaria desta zona no lugar do Regueiro, aldea da Beira do Río, parroquia de Lindín do Concello de Mondoñedo foi destruído como consecuencia da actividade da louseira propiedade de Pizarras Veira do Río S.L. (PIVERI). Así como apropiado pola mesma empresa quedando inservible no campo de servizo da propia louseira. Esta vía é pública e conecta coa vía denominada Camiño Real entre a Beira do Río e Lindín, polas Rozas.

Estas prácticas poden provocar unha importante degradación dos valores naturais destas áreas protexidas: perda de vexetación, cambios na morfodinámica, aceleración dos procesos de extinción de especies ameazadas de flora, molestias para fauna (que de se produciren durante o período de cría mesmo poden causar o fracaso da reprodución), contaminación… así como unha apropiación indebida do alleo, de todos e todas.

Polo anteriormente exposto se SOLICITA que por parte deste Concello se realicen as xestións oportunas para confirmar os extremos denunciados e evitar estas actuacións así como devolver a vía pública de titularidade municipal ao seu estado inicial para uso público e xeral conforme a lei, manténdonos informados sobre as xestións realizadas.

Constitución da asociación

Veciños e veciñas das parroquias de Lindín e Santa María Maior (Mondoñedo) recentemente constituíron a asociación “Afectados polas louseiras do Val do Río Baos”.

Vista xeral 5646

Logo de reunións previas de posta en común da problemática da mala convivencia que a causa de varios accidentes están a crear as louseiras asentadas nestas parroquias, ámbalas dúas da empresa Pizarras Veira do Río S.L. (PIVERI). Continue reading “Constitución da asociación”